O alumnado optará a dous tipos de calificación: avaliación continua e avaliación global O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. 1 - Avaliación continua. Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Observación sistemática e Proxecto), coas seguintes consideracións: A asistencia ás clases non será obrigatoria nin puntuará na calificación final. Agora ben, posto que a realización / presentación das prácticas (observación sistemática) puntúa, si un alumno non acode á clase práctica para defendela, e a práctica non é correcta, perderá a calificación. Na segunda convocatoria (xullo) aplicaranse os mesmos criterios de calificación, aínda que as prácticas (Observación sistemática) e o Proxecto, no caso de que fose realizado en grupo, non serán re-avaliados, manténdose a calificación da primeira edición. O alumno terá que mellorar o seu calificación mediante o exame e/ou un proxecto individual. 2 - Avaliación global - De acordo ao establecido no Estatuto do Estudante da Universidade de Vigo, o alumno que non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Esta modalidade consistirá nunha parte teórica (40% da calificación), e dúas prácticas elaboración do proxecto(40% da calificación), e presentación do mesmo (20%). - A parte teórica incluirá as mesmas preguntas curtas que na modalidade de avaliación continua (20% da calificación) e outra parte de desenvolvemento dun tema do programa (20% da calificación).
- A parte práctica consistirá no deseño dun proxecto para unha páxina de información sobre un tema facilitado previamente. A documentación a presentar será tanto a documentación sobre o deseño conceptual como a proposta realizada con wordpress do site.
- Deberá facerse unha presentación oral do proxecto. Esta se presentará despois da avaliación teórica.
Na segunda convocatoria (xullo) aplicaranse os mesmos criterios de calificación. |