Guia docente 2024_25
Facultad de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica da montaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Elaboración de exercicios de análise a propósito da estructura narrativa de pezas audiovisuais ou de solucións expresivas en montaxe. Para o curso 2024/25 este apartado contempla a visita ao FIC BUEU. 10 B4
D1
Exame de preguntas obxectivas Avaliación dos fundamentos ténicos básicos derivados do traballo de edición dixital non lineal.

Capacidade de análise do uso da montaxe como ferramenta narrativa
10 C16
D1
Observación sistemática Seguimento semanal dos proxectos 10 D4
Traballo Proxecto 1: Ordenación coherente do material audiovisual e articulación básica da imaxe e o son en torno a un tema. Formato spot

20 B3
B4
B5
B7
C16
C18
D1
Traballo Proxecto 2: Estructuración dun relato audiovisual en torno o uso expresivo da continuidade e a montaxe. Microrrelato.

30 B3
B4
B5
B7
C16
C18
D1
D4
Traballo Proxecto 3: Estrutura, ritmo e síntese en montaxe. Proxecto en formato libre. 20 B3
B4
B5
B7
C16
C18
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A información sobre as
probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles
de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do
alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información
específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

 

AVALIACIÓN CONTINUA        

 

Será obrigatoria a
asistencia ás sesións prácticas nun 70% para cada un dos tres proxectos de
montaxe que inclúe a materia. De non cumprirse con estes mínimos os docentes poderán aplicar una reducción na nota final dos proxectos de ata un 50%.

Os traballos de análise cinematográfica entregados fora da data límite terán una puntuación de 0.

 

Para aprobar é necesario
conseguir alcanzar un 5 tanto na “Exame de preguntas obxectivas” como na
media dos traballos entregados. Só se fai media nos traballos entregados cando
se aproba o proxecto 2. 

As entregas fóra de data, con erros en formato ou
nomenclatura do arquivo están suxeitos a unha redución do 50% da cualificación
dese traballo. O “Exame de preguntas
obxectivas” poderá estar composta por contidos técnicos ou narrativos.

Aquel alumnado que termine satisfactoriamente os exercicios avaliables
necesarios para superar a materia, terá actividades de mellora para
poder elevar a súa nota ou ampliar coñecementos. Os exercicios en si
poden ser:

- Montaxe de material bruto de ficción  facilitada polo/a docente
- Realización dunha actividade de montaxe recut
- Edición de peza televisiva facilitada polo/a docente aplicando os recursos narrativos e estruturais da edición televisiva
- Calquera outra actividade relacionada coa montaxe que se pacte entre o alumnado e o profesorado.

 

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE E
FIN DE CARRERA

 

Os alumnos que teñan
aprobada algunha das partes da materia (a parte práctica: que contempla a media
dos tres proxectos e a parte teórica: os traballos de análise e a proba test), poderán conservar a nota e só terán que
presentarse á parte suspensa.

 

Para superar a materia en
segunda oportunidade será necesario aprobar o exame de preguntas obxectivas e/o
entregar os proxectos prácticos que os docentes consideren que deben repetirse, independentemente de se están aprobados ou non, incluindo as análisis cinematográficas desenvolvidas durante o curso se algunha está suspensa.

No caso
do alumnado co bloque práctico suspenso, o día do examen oficial propoñeráselle a realización dunha
serie de modificacións sobre o proxecto 2 entregado, que deberá realizarse no
tempo establecido polo docente, non superior a tres horas.

 

 

SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL

 

A avaliación global da
materia comprende un bloque teórico e un práctico cunha duración global de 5
horas. Será obrigatorio aprobar cada unha das partes de cada un dos bloques
para superar a materia:

 

O bloque teórico, cunha
duración de dúas horas, comprende unha parte técnica, mediante a realización
dun exame tipo test e unha parte narrativa, mediante a análise da montaxe dunha
das películas propostas durante o cuadrimestre e dacordo cos criterios de
avaliación aplicados durante o curso. Este bloque pondera un 40% da nota final.

 

O bloque práctico, cunha
duración de 3 horas, parte da entrega de dous traballos. O primeiro,
correspondente co proxecto 1 da materia, debe mostrarse en formato editable da
plataforma Davinci o día da proba e exportarse ao comezo da mesma previa
realización de modificacións leves. O resto da proba práctica dedicarase á
realización de modificacións achegadas polo docente sobre un proxecto 2 da
materia que se debe traer tamén montado e posproducido de vídeo e audio na
plataforma Davinci. O docente propoñerá a realización dunha batería de cambios
sobre a montaxe que debe de realizarse dentro dos tempos asignados á proba. O bloque práctico pondera un 60% da nota final.

 

É responsabilidade do
alumnado de avaliación global acceder a Moovi para consultar as fontes de de
información e académicas relativas á materia. En ningún caso terá dereito a
recibir docencia durante as sesións de titoría, que estarán encamiñadas
unicamente á resolución de dúbidas.

 

A data da proba da
avaliación global coincidirá coas probas do exame oficial en primeira e segunda
convocatoria.

 

 

 

 

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000