Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Documentación audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio É obrigatoria a asistencia e a entrega de todos os traballos. 30 B3
B4
B6
C7
D1
Flipped Learning Resultados do test realizados en clase e a participación 10 B4
B5
B6
B7
C7
D1
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test dos contidos traballados nas sesións teóricas e co manexo da bibliografía 30 B4
B5
C7
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega da solución dun exercicio de documentación audiovisual en forma de dossier documental. 30 B4
B5
B7
C7
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É necesario superar tanto a parte teórica como a práctica da materia. Unha nota inferior a 2 en teoría (flipped e exame) ou a 3 na suma das prácticas e do dossier non fará media coa outra parte. As prácticas de laboratorio terán un peso cada vez maior na nota.

No caso das horas prácticas, as faltas non xustificadas restarán á nota final.

Na convocatoria de xullo examinarase a parte suspensa (teoría e/ou práctica).

A nota non se garda en ningún lugar para outros cursos.

O alumnado deberá comunicar ao profesorado a súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo que estableza o centro, cubrindo e asinando o documento autorizado para o efecto.

ENLACE AO PROCEDEMENTO.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba global de avaliación realízase na data e horario que o centro indique no calendario oficial de exames. O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación, obtendo unha puntuación mínima de 2 puntos na parte teórica e 3 nas probas prácticas. Unha valoración máis baixa significa que non se fará media coa outra parte.

Breve descrición das probas

Proba 1. Exame teórico. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todos os alumnos pero ten un valor de 40% da nota total.

Proba 2. Traballo práctico. Entregar 10 traballos propostos polo profesor. O conxunto ten un valor do 30% da cualificación total e a entrega será a través da plataforma Moovi. A data límite será a data e hora da última sesión práctica do curso. Os detalles do contido do traballo daranse a coñecer na plataforma Moovi cunha antelación mínima dun mes, polo que o alumnado deberá acudir a esa plataforma para coñecer os requisitos.

Proba 3. Entrega do dossier documental a través da plataforma Moovi coa data límite o día e hora da última sesión práctica do curso que supón o 30% restante da nota. Corresponde ao alumnado comprobar as características do dossier e a súa avaliación en Moovi.

Resumo das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas

1. Exame. Valoración do 40% da nota total.

2. Traballo práctico. Valoración do 30% da nota total.

3. Dossier. Valoración do 30% da nota total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000