Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica da fotografía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Non se contemplan modificacións nas metodoloxías docentes coa única salvedade de que os contidos teóricos poderán ser impartidos de xeito non presencial.

Os mecanismos non presenciais de atención ao alumnado (titorías) serán o despacho virtual do campus remoto no horario indicado e o correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se contemplan modificacións nos sistemas de avaliación máis aló da posibilidade de que algunha das probas de avaliación teñan que realizarse de xeito non presencial.

En calquera caso, as posibles modificacións que se farían irían nesta liña:

METODOLOXÍA
En caso de confinamento, o que obrigaría a unha docencia online, as clases maxistrais desenvolveríanse a través do campus remoto, mantendo sesións semanais coa totalidade do alumnado que se verían reforzados con material docente adicional que se subiría á plataforma Moovi ou noutras plataformas externas, como Youtube, no que o docente ten xa subidos uns 15 pequenas píldoras audiovisuais sobre a asignatura, que poderían ser incrementadas en caso de alongamento do período de confinamento.

A maiores, debido ao anterior confinamento, o docente puxo en marcha o blog fotográfico cadadiaunclick.blogspot.com orientado a que o alumnado tivera contidos adicionais máis aló dos recollidos nesta guía docente e que se actualizou diariamente no primeiro mes do confinamento. En caso de necesidade, activaríase tamén este recurso e actualizaríamos según as necesidades.

AVALIACIÓN
En caso de confinamento, a avaliación non sufrirá cambios xa que a entrega de traballos evaluables farase en calquera caso a través da plataforma Moovi. Neste caso, habería que adaptar os traballos á situación de cuarentena que impediría facelos fora dos domicilios do alumnado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000