Resolución de problemas de forma autónoma |
1. Entrega de prácticas de escrita.
2. Preparación e presentación individual, de xeito oral, dun aspecto vencellado á lingua española ("A lingua española nun minuto")
3. Elaboración dunha práctica textual e audiovisual (Tema 4: formas de narrar, recensión, crítica...) vencellada a análise da obra C"anto yo y la montaña baila" (Irene Solá, 2019) |
40 |
A1
|
B1 B4 B5 B7
|
C1
|
D2 D3 D4
|
Observación sistemática |
Valorarase a participación activa na aula, tanto na resolución de exercicios como nas preguntas e comentarios que se fagan |
10 |
A1
|
B6 B7
|
C1
|
D1 D2
|
AVALIACIÓN CONTINUA Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumno nos traballos da aula a través da exposición de traballos e
a realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de
competencias e de coñecementos.
Para superar a materia o alumno ten que realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, traballos
tutelados, exposicións orais). A entrega de prácticas ou exercicos propostos terá que realizarse na data establecida polo
profesor. Fóra dese prazo non serán admitidos. O feito de non entregar algún dos traballos que conforman a avaliación
suporá a perda do dereito á avaliación continua e, polo tanto, a obrigatoriedade de facer a proba final na data establecida
polo centro. A nota final será a suma de todas as calificacións obtidas nos traballos do curso.
AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua.
AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non siga a avaliación continua realizará unha
proba final que terá un valor do 100% da nota final, que se realizará nas datas
oficiais que estableza o centro.
Neste exame haberá unha parte teórica e outra práctica que
inclúe tanto exercicios de corrección lingüística, similares aos realizados nas
horas prácticas da materia, como a aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e
presentar os coñecementos que teñen sobre a materia dende unha perspectiva
aplicada.
As
datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Comunicación: https://csc.uvigo.es/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/
SEGUNDA OPORTUNIDADE O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua poderá realizar un único exame na convocatoria de xullo,
na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica (oral e escrita). As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Comunicación: https://csc.uvigo.es/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/
|