Prácticas de laboratorio |
Avaliaranse, xunto coas saídas de estudo, no exame escrito da materia e/o un informe para entregar. A asistencia é obrigatoria, só se admitirá a ausencia inxustificada do 25% das actividades. En caso de non cumprir coa asistencia, esta parte quedará suspensa e non se avaliará o exame/informe. Se se aproba esta parte, a nota queda gardada para a segunda oportunidade, independentemente da nota obtida nas clases maxistrais, a non ser que a/o alumna/o solicite por escrito unha nova avaliación. En caso de suspenso desta parte, poderá recuperarse no exame de segunda oportunidade, renunciando á nota da primeira oportunidade. Para iso deberá informar á profesora por escrito antes do peche de actas da primeira oportunidade. En caso de cumprir coa asistencia, pero non aprobar a materia, a/o alumna/o non terá a obrigación de asistir a estas actividades en ningún dos dous cursos seguintes (independentemente de se se matricula ou non) pero terá que realizar o exame/informe. |
15 |
|
B1 B2
|
C12
|
D2 D3 D7
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Avaliaranse as actividades (problemas, cuestións, exercicios) propostos nas leccións maxistrais, e entregados durante o curso. Para aprobar a materia as/os alumnas/os deberan obter, polo menos, o 50% da nota máxima posible nesta parte e entregar polo menos o 75% das actividades propostas. Para estes exercicios non haberá posibilidade de recuperación, e a nota desta parte non se garda para cursos posteriores en caso de suspender a materia. |
30 |
|
B1
|
C12
|
D4 D7
|
A avaliación global, farase cun exame no que se avaliarán todas as metodoloxías descritas excepto o traballo tutelado. Neste caso, a proporción da cualificación correspondente ao traballo tutelado repartirase entre os outras metodoloxías (excepto a lección maxistral). Calendario de exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/ |