Esta materia pretende que o alumnado coñeza a literatura infantil e xuvenil, á vez que adquira a formación necesaria para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe relacionados coa lectura. Para iso, abordaranse os factores principais do sistema literario infanto-xuvenil, os usos expresivos da linguaxe literaria, as capacidades formativas e creativas da literatura, as seleccións, prácticas e experiencias lectoras etc. Todo isto tratarase dentro do marco competencial da Educación Primaria, ademais de incidirse na función da literatura como medio de comunicación, manifestación cultural e fonte de saberes e de pracer.