Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Literatura infantil e xuvenil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle a materia ao alumnado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achega de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase un diálogo permanente co alumnado, que asumirá unha participación activa e reflexiva.
Presentación Elaboración e presentación dos resultados das actividades propostas (mapas conceptuais, infografías, píldoras educativas, recursos...), a partir de diferentes cuestións abordadas na materia.
Cartafol/dossier Recompilación de textos e outros materiais de síntese, análise, crítica, creación... asociados ás aulas teóricas e prácticas.
Seminario A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren dramatizados mediante o emprego de diversas estratexias e recursos.
Obradoiro Realización de actividades orientadas á adquisición de coñecementos e habilidades ao redor de prácticas que motiven a formación dun lector competente e o hábito lector (seleccións lectoras, lecturas dialóxicas, a escrita creativa...).
Eventos científicos Asistencia a eventos que permitan coñecer con maior profundidade os axentes que conforman o sistema literario infantil e xuvenil.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000