Circunstancias excepcionais
En caso de circunstancias excepcionais que impidan a asistencia presencial ás clases, terase en conta a modalidade activada (presencial, mixta ou non presencial) e faranse as seguintes adaptacións:
Para a Docencia mixta: o profesor/a estará na aula de clase, xunto co grupo de alumnos/as, segundo o aforamento permitido. O resto do alumnado seguirá a clase polo campus remoto e/ou plataforma de teledocencia. Estableceranse grupos de alumnado para a asistencia ás clases. No caso das clases prácticas, a previsión é que todo o alumnado poida asistir alternándose ás sesións. No caso de non ser posible manter a distancia de seguridade, débense establecer as medidas de protección persoal necesarias.
Para a Docencia non presencial: nin o profesor/a nin o alumando asistirán ás aulas. As clases levarán a cabo no campus remoto e/ou plataforma de teledocencia. Chegado o caso, activaríase esta modalidade mediante Resolución Reitoral.
Adaptacións Metodolóxicas: Fomentarase o uso de material audiovisual alternativo (programas informáticos musicais, gravacións, audio-vídeos, páxinas web, blogs, etc.) e fomentaranse actividades en liña participativas e interactivas promovendo o traballo grupal e individual sobre distintos temas da materia, mediante a realización de foros, debates, etc.
Empregaremos a plataforma FAITIC/Moovi, para os fins descritos no apartado anterior, en caso de non poder impartir as clases de forma presencial.
Clases prácticas: No caso de que se active a modalidade non presencial, mediante Resolución Reitoral, as clases prácticas desenvolveranse on-line. O profesor/a establecerá o contido e as prácticas a realizar, de acordo coa guía docente, para despois realizar a súa revisión on-line, mediante a utilización do campus remoto e plataforma de teledocencia, de forma grupal e/ou individual.
Atención ao alumnado: Habilitaranse os despachos virtuais, e o correo electrónico para contactar cos profesores. Utilizaranse ademais todos os medios dispoñibles (foros, aulas virtuais, etc.) para atender a todo o alumnado.
Avaliación: No caso de non poder realizar a avaliación ordinaria prevista na guía docente presencial, avaliarase da seguinte maneira:
Traballo tutelado
Actividades de carácter práctico a desenvolver na aula. Entre outras, pódense incluír actividades como: execución individual ou en grupo de pequenas pezas (rítmicas, vocais e/ou instrumentais), prácticas na aula de informática, ditados rítmicos e melódicos, resolución e execución de tarefas propostas.... 30 %
Prácticas de laboratorio
Deseño e implementación, individual ou en grupo, de actividades prácticas para educación primaria, exercicios con programas informáticos musicais...30 %
Resolución de problemas e/ou exercicios
Preguntas de resposta curta ou tipo test, onde o alumnado deberá demostrar que adquiriu unha serie de contidos básicos sobre a linguaxe musical. 40 % |