Os obxectivos desta materia son lingüísticos e literarios. A disciplina está concibida para profundar en coñecementos lingüísticos non impartidos nos cursos anteriores (historia da lingua e lingua e sociedade fundamentalmente) e para fornecerlle ao alumnado os rudimentos necesarios para a comprensión e análise de textos literarios prosísticos e/ou poéticos.
Entre os coñecementos lingüísticos, trátase, especialmente, a situación lingüística de Galicia contextualizada dentro da situación lingüística mundial. Este coñecemento debe preparar aos futuros mestres e mestras para resolver con eficacia os problemas derivados da situación lingüística galega e, en xeral, para afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües e multiculturais.