A finalidade primeira da didáctica da expresión plástica e visual é proporcionar ao alumnado unha
formación artística e didáctica de calidade. Tanto no que se refiere á capacidade de formalizar e interpretar producións de arte nos seus diversos ámbitos e territorios, (como concepto ampliado), como no que se refire á capacidade de reelaborar os mencionados contidos para facilitar a formación dos/as nenos/as (de 3 a 6 anos).
A tarefa e construír un substrato de coñecemento teórico necesario, combinado cunha serie de destrezas e habilidades formais que armen ao alumnado dunha capacidade crítica e creativa que lle permita desenvolver ferramentas de aprendizaxe, valoración e coñecemento coas que traballar no campo da educación infantil.
Traballaremos no taller con rutinas procedimentais e elaboracións técnicas simultáneamente ao estudo de
contidos xerais da historia da arte. Estas tarefas convivirán coa análise e o traballo dentro dos novos espazos da arte e as novas ferramentas visuais, audiovisuais e tecnolóxicas nas que abordaremos posibilidades de traballo máis vinculadas ás linguaxes actuais próximas e intuitivas para os rapaces cos que os nosos alumnos terán que traballar.
As rutinas habituais do noso traballo durante o curso académico alternarán a producción práctica coa
reflexión teórica, o traballo de campo e as propostas de ferramentas didácticas específicas.