Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Actividades físico-deportivas no medio natural e a súa didáctica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Actividades físico-deportivas no medio natural e a súa didáctica Código P02G051V01206
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Alonso Fernández, Diego
Prieto Lage, Iván
Correo-e diego_alonso@uvigo.es
ivanprieto@uvigo.es
Profesorado
Alonso Fernández, Diego
Gutierrez Sánchez, Águeda
Prieto Lage, Iván
Web http://http://fcced.uvigo.es/gl/
Descrición xeral A materia «Actividades físicas e de aventura no medio natural» impártese no segundo cuadrimestre do cuarto curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Nesta materia dáse unha visión xeral das actividades e deportes na natureza. Desde unha perspectiva teórica abórdanse as diferentes concepcións actuais máis significativas referentes ao ámbito das actividades e deportes na natureza, e desde unha perspectiva práctica realízase un percorrido a través das actividades máis representativas.

Así mesmo, esta materia é fundamental dentro do plan de estudos da titulación impartida na Universidade de Vigo, debido a que é a única, dentro deste, onde o alumnado ten a oportunidade de obter os coñecementos necesarios sobre o ámbito das actividades e deportes no medio natural, imprescindibles na formación dun Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Esta guía docente elaborouse axustándose totalmente ao establecido na memoria da titulación e á normativa específica da universidade e do centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000