España está entre os principais destinos turísticos mundiais. Ademáis, o sector turístico é un dos recursos económicos mais importantes do país. Aspectos como o desenvolvemento económico e tecnolóxico dos últimos cincuenta anos, a mellora na calidade de vigo e esperanza en paises desarrollados ou o aumento do tempo libre, xerou unha cultura de lecer onde o turismo, xunto coa actividade física e o deporte, xogan un papel fundamental. Dentro do turismo, atopamos hoxe en día unha tendencia xeral á búsqueda de vacacións activas ou un entretenemento programado para encher o tempo de lecer. Neste senso, o ámbito da actividade física e o deporte, convertéronse nun marco ideal para cubrir esta demanda. Con esta materia, se pretende dar a coñecer ó alumnado outra posible área profesional dando a coñecer as bases que definen a estructura e funcionamento do turismo en xeral, e as aportacións que dende a actividade físico-deportiva podemos ofrecer ó mesmo en particular.