Educational guide 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos videográficos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro A avaliación é continua durante o transcurso das distintas prácticas impartidas como taller. O profesorado observa e orienta de forma continua e constante sobre o desenvolvemento dos distintos exercicios e proxectos audiovisuais, como traballos de avaliación da materia. E, así mesmo, durante o desenvolvemento dos talleres os alumnos deberán demostrar o seu nivel de desenvolvemento persoal e os contidos do proxecto a realizar; participando activamente en metodoloxías propias dunha docencia inversa; así como unha iniciativa e uso responsable nos talleres e a asistencia a estes. 5 B1
B10
C5
C7
C8
C16
C17
C19
C20
C21
C22
C42
C43
C44
C48
Traballo tutelado 1º PRÁCTICA. (Vídeo-instalación) Imaxe audiovisual videográfica + Obxectos e materiais físicos.

Será anunciada data de entrega.
30 B1
B2
C1
C2
C5
C7
C8
C19
C20
Traballo tutelado 2º PRÁCTICA. (Vídeo-instalación) Dispositivos audiovisuais e recursos videográficos + Intervención no espazo físico.

Será anunciada data de entrega.
30 B1
B2
C1
C2
C5
C7
C8
C19
C20
Traballo tutelado 3º PRÁCTICA. Proxecto Persoal de arte audiovisual (Vídeo monocanal ou Vídeo-instalación) + Documentación do proceso de creación.

Será anunciada data de entrega.
35 B1
B2
C1
C2
C5
C7
C8
C19
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: O proceso de avaliación continua a aplicar é o descrito na táboa anterior.

AVALIACIÓN GLOBAL: Para aqueles/as estudantes que opten pola avaliación global se aplicarase os seguintes sistemas, criterios e porcentaxes de avaliación:

- Presentación dun traballo práctico sobre contidos desenvolvidos na materia - 40%

- Proba escrita: Análise e comentario dunha obra de referencia exposta no momento da proba. Valorarase a adecuada valoración no ámbito artístico da obra proposta, así como a súa relación cos seus aspectos formais. - 60%

2ª OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (xullo)

AVALIACIÓN CONTINUA: O alumnado deberá presentar como obra final un proxecto persoal de arte audiovisual, exposto publicamente segundo as necesidades dun evento expositivo artístico, e segundo os mesmos parámetros que se transmitiron e impartiron na materia. 

Este proxecto deberá realizarse, ata a data da convocatoria de xullo, baixo a supervisión dalgún ou a totalidade do profesorado da materia e, polo tanto, o profesorado deberá coñecer o proceso de realización deste traballo e saber que se presentará como resultado a avaliar na 2a Convocatoria da materia (xullo). Para iso, o alumnado deberá manter contacto, durante as horas de titoría estipuladas, co profesorado implicado.

Xunto co proxecto audiovisual persoal (traballo final), o alumno deberá presentar o mesmo tipo de documentación do proceso de ideación e creación que se requiriu durante a impartición da materia. Deberá basearse no mesmo tipo de información e desenvolvemento de contidos estipulado durante a impartición da materia.

Nesta Convocatoria do 2 de xullo será obrigatoria a presentación do proxecto persoal e a súa correspondente documentación de forma individual, independentemente de que durante a impartición da materia se realizou en grupo.

A cualificación obtida, como cualificación final da materia, na 2a Convocatoria (xullo) valorarase do seguinte xeito: Proxecto audiovisual persoal: 80%. Documentación do proceso: 20%

AVALIACIÓN GLOBAL: Para aqueles alumnos/as que opten pola avaliación global, aplicarase o mesmo deseño de proba que a primeira oportunidade de avaliación.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000