Guia docente 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de escultura e instalacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación da asistencia e participación na que terase en conta a comprensión das temáticas tratadas que o alumnado fai explícita coas súas argumentacións durante o transcurso das sesións. 10 B2
C1
C7
C33
C36
C39
Obradoiro Valoraranse os procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos (complexidade, coherencia das articulacións, manexo de dispositivos, integración dos contextos espaciais e comprensión do rol do espectador) de cada unha das propostas. 40 B3
C5
C6
C19
C20
C27
C31
C45
C47
Seminario Valorarase a asistencia e participación nas correccións colectivas. 10
Traballo tutelado Valorarase o proceso e resultado obtido en coherencia cos obxectivos. Na memoria de documentación do proxecto terase en conta: 1. Descripción e interese do proxecto, a coherencia da documentación co traballo presentado, a claridade nas descripcións, calidade dos debuxos, esquemas, fotografías, animacións, textos, etc. 2.A viabilidade do proxecto. 3.A adecuación do proxecto ao espazo elixido. 30 C19
C20
C27
C31
C32
C43
C44
C47
Cartafol/dossier Valorarase a presentación da documentación e a súa claridade de exposición. Terase en conta tanto o contido como a disposición, deseño e formato do mesmo. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dacordo co "Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe de estudantado", o alumnado terá dereito a elexir o tipo de sistema, avaliación continua ou avaliación global, co que sera avaluado, no prazo establecido pola Facultade.

AVALIACIÓN CONTINUA. Os estudantes  farán periodicamente na aula presentacións dos traballos e exposicións dos resultados durante o transcurso do cuadrimestre.

Criterios de avaliación. Teranse en conta os seguintes factores:

1. A implicación do alumnado nas actividades docentes. 2. Capacidade de manexo dos contidos. 3. Xestión dos materiais e procedementos utilizados no taller. 4. Interese e eficacia para levar ao límite as reflexións e as propostas elixidas. 4. Valorarase especialmente a incidencia positiva ou negativa do seu traballo en relación á dinámica do grupo.

Ao final do período docente cada alumno exporá a documentación dos traballos realizados durante o curso. 

AVALIACIÓN GLOBAL. Os estudantes deberán presentar todos os traballos propostos durante o cuadrimestre e realizar un exercicio na aula de exame.

Os estudantes que teñan que presentarse á convocatoria de segunda oportunidade (Convocatoria de Xullo) deberán entregar todos os traballos esixidos durante o curso e realizar un exercicio específico na aula de exame.

As datas e horas das diferentes convocatorias serán aprobadas en Xunta de Facultade e poderán consultarse na páxina web do centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000