Os contidos e accións que estruturan e conforman os proxectos prácticos que se presentan durante o curso e durante as probas de avaliación nunca son determinados polo profesor que imparte a materia. Estes contidos e accións constrúen un proxecto persoal do estudante e son elixidos libremente polo alumno que, no cuarto curso do grao, é maior de idade e único responsable civil dos seu actos.
Deste xeito, o profesor da materia se exime de toda responsabilidade que poida derivar do proceso de creación e da posterior presentación dos proxectos prácticos que o alumno terá que levar a cabo durante o cuadrimestre e durante as convocatorias ordinaria, de xullo e extraordinaria.