Arte, natureza e medio ambiente sitúase no marco de acción das prácticas artísticas contextuais, procesuales e interdisciplinares, en relación con problemáticas sociais, políticas e medioambientais. Neste escenario, as relacións entre arte, ecoloxía e territorio adquiren unha relevancia crecente tanto na creación artística como na investigación. Proponse un achegamento ás prácticas artísticas vinculadas á natureza desde unha perspectiva crítica e contemporánea. Non se trata de entender a natureza como obxecto de representación, senón de abordar a arte como práctica situada que opera en sistemas ecolóxicos, culturais e territoriais complexos.