=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes especificadas, tanto en caso de semiprensencialidade como de non presencialidade.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican as metodoloxías docentes.
En caso de suspensión da docencia presencial ou en situación de semipresencialidade, adaptarase a aplicación das metodoloxías a sistemas de comunicación online (Campus Remoto da Uvigo, plataforma MOOVI, email).
Estudos de caso;, de darse a circunstancia de que, por aplicación xeneralizada de medidas excepcionais, suspendésense actividades como eventos musicais, teatrais, de danza, etc; facilitarase ao alumnado unha proposta de recursos online como obxecto de estudo.
*Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O alumnado será atendido vía correo electrónico ou, previa cita a requirimento do /da estudante ou do/da docente, a través de videoconferencia en Campus Remoto.
* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir
Non hai modificacións de contidos
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non hai bibliografía adicional de auto-aprendizaxe
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as porcentaxes e metodoloxías de avaliación.
* Información adicional
En caso de suspensión da docencia presencial, valorarase o nivel de participación nas distintas actividades non presenciais (clases e seminarios online, foros de discusión, presentacións por parte do alumnado, etc) |