PRODUCCION ARTÍSTICA, IMAXE 1 está concibida como unha materia multidisciplinar que procura o asentamento e profundización dos coñecementos de Debuxo e Pintura adquiridos en cursos previos, así como a súa relación con outros xéneros e disciplinas. Inclúe desenvolvementos sobre formas de arte vencelladas á produción de obras basicamente bidimensionais e de carácter único. Preténdese, non só dominar as técnicas e os procesos, senón afianzar a reflexión e a experimentación de cara ao desenvolvemento dun traballo persoal.