Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Audiovisuais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen

Lección Maxistral.
Clase maxistral con apoio de documentación e sistemas multimedia. Exposición dos contidos da materia. Exemplos paradigmáticos da historia e as principais modalidades da arte audiovisual. Análise da ontoloxía da imaxe en movemento. Análise crítica de axiomas culturais que definen os distintos dispositivos audiovisuais. Toma de notas e exposición debatida dos mesmos.
Modalidade: guiada. Ensino inverso.
Presenza do/a docente e presenza obrigatoria do alumnado.
Escenario: aula común. Sala de proxeccións.

Metodoloxías docentes que se modifican

Practicas de laboratorio.
Aprendizaxe do manexo das ferramentas de creación (Hardware e Software) implicadas na gravación, captura, edición e postproducción da imaxe e o son dixital, mediante manuais, tutoriales, ou clases de demostración en conexión por videochamada. O alumnado de forma individual, realizará exercicios prácticos de reforzo dos coñecementos impartidos mediante o uso de modelos de hardware ou software que se lle poidan facilitar, aos que poida acceder por ser de acceso libre e gratuíto, ou cos que poida contar.
Modalidade: guiada. Avaliación continua.

Talleres.
Suprímese.

Traballo Tutelado.
Descrición: o alumnado, individualmente, ou en grupo mediante conexión non-presencial (máximo 3 persoas), desenvolve varios proxectos de creación audiovisual relacionados con algún dos xéneros ou problemáticas artísticas impartidas na materia.

Realización de 3 prácticas de creación audiovisual, como obra final.
1. (Video experimental). Obra monocanal baseada en claves de arte audiovisual experimental (será realizada nas primeiras 5 semanas do cuatrimestre).
2. (Video narrativo). Obra monocanal baseada na aplicación de recursos destinados a experimentar coa narrativa, concretamente relacionada coa modalidade literaria do monólogo interior e o «fluxo continuo» e coa formalización audiovisual da secuencia en continuidade e o plano secuencia (será realizada nas 5 semanas centrais do cuatrimestre).
3. (Video autobiográfico). Obra monocanal baseada no desenvolvemento das formas e conceptos de ensaio audiovisual, concretamente na súa modalidade de audiovisual autobiográfico (será realizada nas últimas 5 semanas do cuatrimestre).

A atención personalizada neste ámbito desenvólvese, por parte dos/as docentes, mediante aula virtual. A asistencia do alumnado á aula virtual, para o seu seguimento, terase en conta na avaliación.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Solicitude previa de cita para atención individual: Aulas e despachos virtuais.

Utilización dun calendario de titorías grupais, de obrigada asistencia ao longo do cuadrimestre, para seguimento e avaliación do avance e evolución dos proxectos e traballos que o alumnado debe realizar para obter a cualificación final da materia: Aulas e despachos virtuais.

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe

- Arteleku (ed.) (2005). Desacuerdos. Documentos para una historia del Videoarte en el estado español. Diputación Foral de Guipuzcoa. (Google Académico)
- Benavides Téllez, L. (2010) CUATRO PROPUESTAS SOBRE VIDEOARTE
Y CINE EXPERIMENTAL. Madrid: UCM (Google Académico)
- Bordwell, D. (1996). "La narración de arte y ensayo". En, La narración en el cine de ficción. Barcelona: Paidós Iberica. (Academia.edu)
- Debray, R. (1994). Vida y muerte de la imagen. Historia de la mirada en occidente. Barcelona: Paidós Comunicación. (Google Académico)
- Martín, Sylvia (2004). Videoarte. Taschen. (Libro .pdf)
- Molina Alarcón, Miguel (2006). Ecos del Arte Sonoro en la vanguardia histórica española (1909-1945) en el catálogo de la I Muestra de arte sonoro español MASE. Lucena-Córdoba: Ed. Sensxperiment.
https://www.upv.es/intermedia/pages/laboratori/grup_investigacio/textos/docs/miguel_molina_ecos_arte_sonoro_vanguardia.pdf (Consultada por última vez en julio de 2020)
- Murch, W. (2003) En el momento del parpadeo. Madrid: Ocho y medio. (Libro .pdf)
- Ortega, M L.; Weinrichter, A. (2006) Mystère Marker. Madrid: T&B editores (Libro .pdf)
- Ortíz, A.; Piqueras, M.J. (2003). La Pintura en el cine. Cuestiones de representación visual. Barcelona: Paidós Ibérica. (Libro .pdf)
- Sánchez-Biosca, V. (1996) El montaje cinematográfico. Barcelona: Paidós Comunicación. (Libro .pdf)
- Val del Omar, José. (1957). Desbordamiento apanorámico de la imagen. http://www.valdelomar.com/pdf/text_es/text_6.pdf (Consultada por última vez en julio de 2020)
- Weinrichter, A. (2005) Desvíos de lo real. Madrid: T&B editores. (Libro .pdf)

- Manuales técnicos de uso y características de cámaras: Autoría propia. Profesorado.
- Manuales técnicos de Iluminación: Autoría propia. Profesorado.
- Manuales técnicos de uso y características de materiales relacionados con la grabación de sonido: Autoría propia. Profesorado.
- Tutoriales de uso de software de edición y posproducción de vídeo:
Tutorial oficial en inglés DAVINCI RESOLVE 16
https://www.blackmagicdesign.com/es/products/davinciresolve/training
CURSO DE DAVINCI RESOLVE 16 (castellano)
https://www.youtube.com/watch?v=yTT8RKYn6cw


* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A calificación obtida como nota final da materia valorarase da seguinte maneira:

1ª obra (video experimental): 42%

2ª obra (video narrativo): 42%

3ª obra (video autobiográfico): 16%

* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
...

* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
...

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]

* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000