O estudante pode escoller un dos dous sistemas de avaliación: - AVALIACIÓN CONTINUA: O alumnado entregará periodicamente, ao final de cada exercicio proposto, os traballos realizados durante o cuadrimestre. Estes traballos serán avaliados persoalmente polo profesorado ao final de cada exercicio. Tamén nas datas sinaladas deberán presentar aqueles exercicios propostos para a súa realización de forma autónoma. Terase en conta a asistencia regular ás clases. Neste sistema, a asistencia a clase é obrigatoria e as faltas de asistencia deberán xustificarse. - AVALIACIÓN GLOBAL: Unha vez rematado o período lectivo, o alumnado que se acolla a esta modalidade deberá entregar todos os traballos propostos durante o curso. O día da proba tamén deberán realizar un exame (teórico-práctico) presencial sobre os contidos da materia. O alumnado que realice a SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO) presentará todos os exercicios requiridos durante o cuadrimestre, ou, se é o caso, os non entregados ou suspensos na convocatoria anterior, e realizará un exame (teórico-práctico) presencialmente sobre os contidos. da materia. Data e hora da proba de avaliación da segunda oportunidade (XULLO): consultar o calendario publicado na páxina WEB da Facultade de Belas Artes (Grao en Belas Artes - probas de avaliación), aprobado pola Xunta de Facultade. |