Traballo tutelado |
Consistirá na avaliación continua no transcurso da docencia da materia. Valoraranse os seguintes aspectos: a evolución persoal, os procesos de desenvolvemento coherente das problemáticas xurdidas a partir do encontro creativo coas premisas teóricas e máis cos soportes técnicos abordados, a participación activa e o seguimento da materia, así como a actitude no taller relativa á asistencia, puntualidade e aceptación da normativa dos procesos propostos desde o profesorado.O interese é o criterio personalizado nas diferentes actividades de estudo, creación, participación e análise da materia. Realizarase unha parte importante da cualificación final a partir dos resultados alcanzados na entrega dos distintos traballos (prácticos e teóricos) estipulados ao comezo e no transcurso da materia. |
50 |
|
|
C14 C20 C31 C32 C42 C43
|
|
Resolución de problemas |
Atenderá ao apropiado nas respostas en comentarios, así como á precisión no léxico e na capacidade argumental.
|
40 |
|
|
C5 C6 C7
|
|
Polo carácter eminente práctico da asignatura, a asistencia é obligatoria e controlada. Faltas de asistencia non xustificadas maiores do 30% e xustificadas do 60% supoñen a imposibilidade de ser evaluado o estudante tanto na convocatoria ordinaria de xuño coma na extraordinaria de xullo. A/s proba/as común de avaliación ordinaria realizarase dentro do calendario académico do curso. Para presentarse ás convocatorias extraordinarias é imprescindible achegar todos os traballos realizados ao longo do curso e estar en disposición de dar resposta a algún test por escrito en caso de que se considere necesario. O alumno/a que non esté presente quince minutos despois da hora establecida para o comezo do exame será considerado non presentado. |