Guia docente 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Pintura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Consistirá na avaliación continua no transcurso da docencia da materia. Valoraranse os seguintes aspectos: a evolución persoal, os procesos de desenvolvemento coherente das problemáticas xurdidas a partir do encontro creativo coas premisas teóricas e máis cos soportes técnicos abordados, a participación activa e o seguimento da materia, así como a actitude no taller relativa á asistencia, puntualidade e aceptación da normativa dos procesos propostos desde o profesorado.O interese é o criterio personalizado nas diferentes actividades de estudo, creación, participación e análise da materia. A actitude de traballo, aproveitamento do tempo, continuinidade e compromiso serán factores a valorar. Así como a capacidade de contextualización dos temas plantexados. 40 C14
C20
C31
C32
C42
C43
Resolución de problemas Atenderá ao apropiado nas respostas en comentarios, así como á precisión no léxico e na capacidade argumental. Tendo en conta a comprensión dos exercicios propostos e a idoneidade das respostas creativas dadas, en termos de técnica, forma e contido.
40 C5
C6
C7
Debate Considerarase a pertinencia da participación nas presetnatcións e postas en común, a achega de criterios fundamentados e a implicación. 20 C5
C6
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O traballo avalíase ó longo do curso. A realización de todos os traballos propostos e a asistencia a clase é imprescindible para acadar o aprobado.

Polo carácter eminente práctico da asignatura, a asistencia é obligatoria e controlada. Faltas de asistencia non xustificadas maiores do 30% e xustificadas maiores do 50% supoñen a imposibilidade de ser evaluado o estudante tanto na convocatoria ordinaria de xuño coma na extraordinaria de xullo.

A/s proba/as común de avaliación ordinaria realizarase dentro do calendario académico do curso.

Para presentarse ás convocatorias extraordinarias é imprescindible achegar todos os traballos realizados ao longo do curso e realizar unha proba escrita y/o práctica en caso de que se considere necesario.

AVALIACIÓN GLOBAL

Os estudantes que opten por esta modalidade no presencial deberán presentar no día sinalado todos os traballos do curso. Ademáis, deberán facer una proba escrita y/o práctica na aula, baseada nos contidos do curso. A falta de todo o parte dun traballo e a non asistencia ás probas significará un No Presentado.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

Data e hora da avaliación extraordinaria, consultar calendario na páxina web da Facultade de Belas Artes.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000