MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
Mantéñense as metodoloxías docentes descritas no Paso 5.
Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): En horario establecido para titorías por videoconferencia previa concertación vía mail.
Non se modifican os contidos para impartir.
ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
Mantense a avaliación continua na que se establece unha aprendizaxe progresiva e incremental nos dous bloques propostos no Paso 3, cun peso na nota do 50% en cada bloque.
Información adicional: A avaliación de cada tema atenderá a CONCEPTO (33,33%), PROCEDEMENTO (33,33%) e ACTITUDE (33,33%). |