Código |
Descrición |
B6 |
Capacidade de traballar en equipo. |
C4 |
Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca entre a arte e a sociedade |
C22 |
Capacidade de producir e relacionar ideas dentro do proceso creativo |
C23 |
Capacidade de comunicación. Aprender a traducir as ideas artísticas para poder transmitilas |
C25 |
Capacidade de (auto)reflexión analítica e (auto)crítica no traballo artístico. |
C26 |
Capacidade de curiosidade e de sorpresa máis para alén da percepción práctica. Desenvolver a percepción mental para alén do retiniano |
C27 |
Capacidade de traballar de maneira autónoma. Desenvolver a capacidade de suscitar, desenvolver e concluír o traballo artístico persoal |
C28 |
Capacidade de traballar en equipo. Capacidade de organizar, desenvolver e resolver o traballo mediante a aplicación de estratexias de interacción |
C29 |
Capacidade de iniciativa propia e de automotivación |
C30 |
Capacidade de perseveranza. Desenvolver a constancia necesaria para resolver as dificultades inherentes á creación artística |
C33 |
Capacidade de colaboración con outras disciplinas. Desenvolvemento de vías de relación e intercambio con outros campos de coñecemento |
C34 |
Capacidade de colaboración con outras profesións e especialmente cos profesionais doutros campos. Identificar os profesionais adecuados para desenvolver adecuadamente o traballo artístico |
C37 |
Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socioculturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística |