Guia docente 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Materia-Cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia e a participación nas sesións. 10 C1
C2
C6
Traballo tutelado Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas. 40 C2
C9
C12
C14
C19
C20
C31
C42
Presentación Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado, debiendo argumentarse / xustificarse especificamente a solución adoptada . Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta, sendo fundamental a preparación previa do estudante en cada exposición. 30 C2
C6
C31
C36
Seminario Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas. 20 C1
C2
C6
C9
C12
C14
C19
C20
C31
C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación:

AVALIACION CONTINUA: A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. Os estudantes farán periodicamente na aula presentacións dos traballos e exposicións dos resultados durante o transcurso do cuadrimestre. A realización de todos os traballos propostos e a asistencia a clase é imprescindible para optar ao aprobado.

O alumnado que non haxa realizado durante o cuadrimestre un mínimo de 8 dos exercicios propostos, na convocatoria extraordinaria deberá levar a cabo un traballo práctico específico, na aula de exame, relativo aos contidos da materia, ademáis de presentar os traballos suspensos ou non presentados levados a cabo durante o curso.

AVALIACIÓN GLOBAL: Os estudantes deberán presentar todos os traballos propostos durante o curso e o día da proba e realizarase un exercicio proposto nesa convocatoria.

Os estudantes da CONVOCATORIA DE SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) presentarán os traballos e todos os exercicios esixidos durante o cuadrimestre e realizará un exercicio proposto nesa convocatoria.

No caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba extraordinaria consistirá na repetición dos exercicios ou, noutros casos, nun maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.

Data e hora da proba de avaliación de segunda oportunidade (XULLO): consultar calendario publicado na páxina WEB da Facultade de Belas Artes (Grao en Belas Artes - probas de avaliación)

http://belasartes.uvigo.es/gl/docencia/exames/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000