Guia docente 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas pictóricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Resolución adecuada das diferentes técnicas, exercicios e prácticas nel traballo do taller presencial e autónomo levado a cabo polo estudante. 40 C5
C6
C7
C12
C32
C43
Resolución de problemas Solución adecuada e de calidade en cada traballo realizado. Resolver adecuadamente os problemas básicos derivados da aplicación técnica e dos *materiais pintura empregados 40 C9
C14
C19
C31
C42
Resolución de problemas de forma autónoma Desenvolvemento e solución dos traballos plantexados na sua práctica autónoma 10 B4
B5
C9
C25
C31
C43
Exame de preguntas de desenvolvemento Resposta as cuestións relacionadas coa lectura e estudio de textos de pensamento e literarios o longo do semestre 10 B13
B14
C6
C19
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:

A avaliación é continua desenvólvese a través do plantexamento e resolución de exercicios de técnicas da pintura a realizar na aula e no traballo autónomo das/dos estudantes. Cada exercicio será avaliado polos docentes en tempo e forma que corresponda. A cualifiacón só será unha cualificación ao final do semestre resultado da media de todolos traballos realizados.

Serán de obrigada asistencia as horas presenciais para a avaliación del 100% de la materia. A non asistencia as clases presenciais e a non realización do traballo tulelado e autónomo será motivo da non superación da materia. Para optar a superación da materia terán que entregarse todos e cada un dos traballos propostos e realizar os exames de pregunras de desenvolvemento. A falta de asistencia sen xustificar superior ao 10% das horas teóricas e ao 10% das horas prácticas será motivo de non superación da materia.

As/os estudantes terán que amosar, a través dun autocontrol horario, que realizan e completan as horas do seu traballo tulelado autónomo, ata completar as horas de dedicación que lle corresponden (90 horas).

A nota de avaliación contínual é o resultado da media da suma dos seguintes items: os diferentes exercicios expostos e realizados no traballo tutelado na aula, o traballo autónomo realizado, a adecuada resolución de problemas técnicos e procesuales e os exames de preguntas de desenvolvemento das lecturas obrigadas e a resolución de problemas e os exames realizados.

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL:

Se a/o estudiante opta por unha avaliación global terá que entregar todos e cada un dos exercicios propostos na materia, realizar o examen de preguntas de desenvolvemento sobre os textos de obrigada lectura (2 horas de examen) e realizar un  examen de exercicio práctico de duas horas na aula sobre as técnicas pictóricas dos contidos: acuarela, acrílico e óleo. 

Nas convocatorias extraordinarias e fin de carreira, as/os estudantes deberán examinarse dos mesmos contidos, entregarán os mesmos traballos tutelados, coa resolución de problemas técnicos, el desenvolvemento autónomo dos traballos tutelados e os exames de preguntas de desenvolvemento sobre os textos de obrigada lectura. As/os estudantes realizarán un examen escrito de duas horas sobre os textos de obrigada lectura. As/os estudantes realizarán un examen práctico sobre as técnicas pictóricas dos contidos.

A data e hora da proba de avaliación de segunda oportunidade (Xullo) aparece publicada na páxina Web da Facultade de Belas Artes (Grado de Belas Artes - probas de avaliación)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000