A materia de técnicas pictóricas ten como finalidade introducir aos alumnos/as no problema da creación artística a través dos soportes e os materiais pictóricos. A materia está enfocada a que o alumnado adquira un coñecemento básico de teoría e a practica da pintura como forma de coñecemento. As clases serán fundamentalmente no taller e compleméntanse, cando a ocasión o requira, con proxeccións, explicación verbais e coloquios. É unha materia básica para iniciarse nos procesos, procedementos e técnicas fudamentais da pintura como exercicio creativo.