Avaliación no caso de ausencias aos seminarios:
O alumnado neste caso, aparte do exame de preguntas obxectivas no cal se ten en conta o 60% da puntuación total da materia, terán que facer outro tipo de avaliación sobre os temas impartidos nos seminarios.
Exame de preguntas obxectivas e curtas: Será unha proba de preguntas tipo test, con varias opcións de escolla sendo só unha delas válida, e algunha pregunta curta de desenvolvemento e coñecementos adquiridos, en relación a materia impartida nos seminarios. A fórmula para obter puntuación será A-E (acertos-erros), as preguntas en branco non restan para as tipo test, e para as preguntas curtas utilizarase a fórmula de coñecemto total ou parcial para a puntuación. A puntuación para ser apto será de 5 ou mais puntos sobre 10 e esta avaliacíon será o 40% da puntuación total da materia.
Dito exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.
Nesta modalidade será necesario, igual que na modalidade presencial, superar tanto a parte de seminarios (exame preguntas obxectivas tipo test e curtas) como a parte teórica (exame preguntas obxectivas tipo test) para poder superar a materia.
Segunda edición ordinaria:
Os criterios indicados na primeira edición ordinaria, serán os mesmos que se utilizarán na segunda edición ordinaria.
O exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.
Convocatoria fin de Carreira:
Os criterios indicados na primeira edición ordinaria, serán os mesmos que se utilizarán na convocatoria fin de carreira.
O exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.
|