2ª edición ordinaria:
Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes soamente poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as partes/probas non superadas pero sí cursadas na 1ª oportunidade, segundo corresponda. Asimesmo nesta 2ª edición soamente se poderán recuperar ausencias ata un máximo de dez xornadas, segundo o recollido na Guía de Prácticas Clínicas, e sempre que haxa dispoñibilidade no Centro Sanitario de referencia.
Para o estudo de caso, o alumnado ten 2 alternativas: - Presentar o mesmo caso clínico da edición anterior, modificado e corrixido. A nota máxima a acadar será un 5. - Presentar un novo caso clínico, é dicir un traballo distinto ao da edición anterior. A nota máxima a acadar será un 10.
Entrega do cartafol/dossier e estudo de casos: consultar datas a través da plataforma Moovi.
É imprescindible aprobar cada parte, para poder superar a materia.
Datas de avaliación
Consultar páxina web: http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/profesorado/exames-grao
OUTROS COMENTARIOS: - Importante que o documento de asistencia a prácticas clínicas, recolla tanto a asistencia coma as faltas/ausencias, para a súa posterior recuperación e a súa entrega en tempo e forma na Escola. - No caso de non poder acudir por motivos xustificados e documentados a unidade de prácticas clínicas, o alumnado avisará por correo electrónico ao profesorado da materia (PracticasClinicasI.enfermaria.ourense@sergas.es), con COPIA á supervisora da unidade de rotación. -É obrigatorio subir á plataforma Moovi no apartado "usuarios" unha foto que permita a identificación da/o alumna/o.
|