Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Ética e lexislación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Ética e lexislación Código O51G140V01202
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Ourense)
Coordinador/a
Fariñas Valiña, Natalia Olida
Correo-e nfarval@gmail.com
Profesorado
Fariñas Valiña, Natalia Olida
Web
Descrición xeral A profesión de enfermaría afecta directa e intimamente ao ser humano, por iso corre o risco de lesionar posibles dereitos fundamentais, como a intimidade, a honra, e a liberdade.
- O alumnado será capaz de identificar e comprender os preceptos éticos-deontolóxicos, lexislativos e administrativos que regulan a profesión de enfermaría.
- Será capaz de aplicar a situacións concretas os principios éticos e preceptos lexislativos que regulan o exercicio profesional da enfermaría e ser competente en exercelos.
- Coñecerá os dereitos e deberes dos pacientes, con especial atención á información, segredo profesional, e o obrigado respecto ao principio de autonomía.
- Comprenderá o papel da enfermaría dentro das profesións sanitarias e como deberá ser a súa actuación profesional, desde o punto de vista legal e ético con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000