A profesión de enfermaría afecta directa e intimamente ao ser humano, por iso corre o risco de lesionar posibles dereitos fundamentais, como a intimidade, a honra, e a liberdade.
- O alumnado será capaz de identificar e comprender os preceptos éticos-deontolóxicos, lexislativos e administrativos que regulan a profesión de enfermaría.
- Será capaz de aplicar a situacións concretas os principios éticos e preceptos lexislativos que regulan o exercicio profesional da enfermaría e ser competente en exercelos.
- Coñecerá os dereitos e deberes dos pacientes, con especial atención á información, segredo profesional, e o obrigado respecto ao principio de autonomía.
- Comprenderá o papel da enfermaría dentro das profesións sanitarias e como deberá ser a súa actuación profesional, desde o punto de vista legal e ético con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo.