Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Ética e lexislación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier Os temas de exposición en seminarios por parte do alumnado (Tema 8) terán que ser recollidos nun resumo/portafolio de elaboración individual e entrega inmediata á exposición na clase.
Ao comezo do cuadrimestre daranse as indicacións oportunas para a súa elaboración.

A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.

Esta avaliación suporá o 30% da puntuación total da materia.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B7
B18
C48
D1
D2
D3
D7
D8
D9
D10
Traballo Todo o alumnado matriculado na asignatura presenta o resultado obtido na elaboración dun traballo sobre a temática da materia de seminarios (tema 8), segundo os criterios que se indiquen ao comezo do curso oportunamente. O sorteo/reparto de subtemas do tema 8, levarase a cabo a primeira semana de clases e posteriormente publicarase na plataforma de teledocencia. A exposición e defensa do mesmo, será na aula, nas datas previamente marcadas e publicadas no cronograma da plataforma de teledocencia. Avaliarase individualmente, a cada un dos participantes do grupo de traballo, segundo a rúbrica colgada na plataforma de teledocencia para ese efecto. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.

É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.

(Máximo:10%)
10 A1
A2
A3
A4
A5
B7
C11
C12
C50
C52
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
Exame de preguntas obxectivas O alumnado realizará un exame tipo test sobre o contido da materia, no que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, sendo só unha a correcta.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación.

Dita proba, farase na data marcada no calendario oficial académico.

A cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.

É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.

Esta avaliación suporá o 60% da puntuación total da materia.
60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B7
B8
B11
B12
B13
C48
C49
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación de alumnado con ausencias en seminarios

A esta avaliación poderase acoller o alumnado que por causas xustificadas non lles sexa
posible asistir con regularidade (máis do 90%) aos seminarios,
deben solicitalo por escrito á docente antes 28 de setembro. Tamén serán avaliados por esta modalidade o alumnado que inicialmente non o solicitase, pero teña unha asistencia inferior ao 90% unha vez finalizadas as clases.

Apartados de avaliación:

  • 1º) Proba test (máximo: 60%): O
    alumnado realizará un exame tipo test sobre o contido da materia, no
    que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta,
    sendo só unha a correcta. A
    fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado
    será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non
    restan puntuación. Dita
    proba, farase na data marcada no calendario oficial académico. A
    cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis
    puntos sobre 10. É
    preciso superar esta parte, para poder superar a materia. Esta
    avaliación suporá o 60% da puntuación total da materia.

  • 2º) Traballo (máximo 10%): O
    alumnado presenta o resultado obtido na elaboración dun traballo
    sobre a temática da materia de seminarios (tema 8), segundo os
    criterios que se indiquen ao comezo do curso oportunamente. O sorteo/reparto de subtemas do tema 8, levarase a cabo a primeira semana de clases e posteriormente publicarase  na plataforma de teledocencia. É responsabilidade do alumnado que prevea ausentarse das clases de seminarios participar igualmente nese reparto. A
    exposición e defensa do mesmo, será na aula, nas datas previamente
    marcadas e publicadas no cronograma da plataforma de teledocencia. Avaliarase
    individualmente, a cada un dos participantes do grupo de traballo,
    segundo a rúbrica colgada na plataforma de teledocencia para ese efecto. A puntuación
    para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. É
    preciso superar esta parte, para poder superar a
    materia. (Máximo:10%).

  • 3º) Proba test (máximo 30%): o alumnado realizará un exame tipo test sobre os contidos desenvolvidos nos seminarios (tema 8), no que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, sendo só unha a correcta. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación. Dita proba, farase na data marcada no calendario oficial académico. A cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10. É preciso superar esta parte, para poder superar a materia. Esta avaliación suporá o 30% da puntuación total da materia.

SEGUNDA EDICIÓN: O alumno examinarase da parte que non supere na 1ª edición, as condicións e criterios serán os mesmos aos da primeira edición. 
Convocatoria de exames: as datas de exame serán as que figuren aprobadas e publicadas na web e taboleiros do Centro.

FIN DE CARREIRA: O alumnado poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira (previa matrícula específica para esta convocatoria) na que prevalecerán os mesmos criterios indicados para a 1ª e 2ª edición ordinaria.

As probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de carreira”.

Outros comentarios:

As datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta materia, nas súas dúas edicións, serán as marcadas no calendario de exámenes aprobados no Centro. Ditas datas estarán dispoñibles para o alumnado tanto na páxina web da Escola coma no taboleiro de información para o alumnado no centro.

A data/instrucións de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000