Traballo |
Todo o alumnado matriculado na asignatura presenta o resultado obtido na elaboración dun traballo sobre a temática da materia de seminarios (tema 8), segundo os criterios que se indiquen ao comezo do curso oportunamente. O sorteo/reparto de subtemas do tema 8, levarase a cabo a primeira semana de clases e posteriormente publicarase na plataforma de teledocencia. A exposición e defensa do mesmo, será na aula, nas datas previamente marcadas e publicadas no cronograma da plataforma de teledocencia. Avaliarase individualmente, a cada un dos participantes do grupo de traballo, segundo a rúbrica colgada na plataforma de teledocencia para ese efecto. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.
(Máximo:10%) |
10 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B7
|
C11 C12 C50 C52
|
D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11
|
Exame de preguntas obxectivas |
O alumnado realizará un exame tipo test sobre o contido da materia, no que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, sendo só unha a correcta.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación.
Dita proba, farase na data marcada no calendario oficial académico.
A cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.
Esta avaliación suporá o 60% da puntuación total da materia. |
60 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B4 B7 B8 B11 B12 B13
|
C48 C49
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10
|
Avaliación de alumnado con ausencias en seminarios A esta avaliación poderase acoller o alumnado que por causas xustificadas non lles sexa
posible asistir con regularidade (máis do 90%) aos seminarios,
deben solicitalo por escrito á docente antes 28 de setembro. Tamén serán avaliados por esta modalidade o alumnado que inicialmente non o solicitase, pero teña unha asistencia inferior ao 90% unha vez finalizadas as clases. Apartados de avaliación: - 1º) Proba test (máximo: 60%): O
alumnado realizará un exame tipo test sobre o contido da materia, no
que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta,
sendo só unha a correcta. A
fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado
será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non
restan puntuación. Dita
proba, farase na data marcada no calendario oficial académico. A
cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis
puntos sobre 10. É
preciso superar esta parte, para poder superar a materia. Esta
avaliación suporá o 60% da puntuación total da materia.
- 2º) Traballo (máximo 10%): O
alumnado presenta o resultado obtido na elaboración dun traballo
sobre a temática da materia de seminarios (tema 8), segundo os
criterios que se indiquen ao comezo do curso oportunamente. O sorteo/reparto de subtemas do tema 8, levarase a cabo a primeira semana de clases e posteriormente publicarase na plataforma de teledocencia. É responsabilidade do alumnado que prevea ausentarse das clases de seminarios participar igualmente nese reparto. A
exposición e defensa do mesmo, será na aula, nas datas previamente
marcadas e publicadas no cronograma da plataforma de teledocencia. Avaliarase
individualmente, a cada un dos participantes do grupo de traballo,
segundo a rúbrica colgada na plataforma de teledocencia para ese efecto. A puntuación
para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. É
preciso superar esta parte, para poder superar a
materia. (Máximo:10%).
- 3º) Proba test (máximo 30%): o alumnado realizará un exame tipo test sobre os contidos desenvolvidos nos seminarios (tema 8), no que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, sendo só unha a correcta. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación. Dita proba, farase na data marcada no calendario oficial académico. A cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10. É preciso superar esta parte, para poder superar a materia. Esta avaliación suporá o 30% da puntuación total da materia.
SEGUNDA EDICIÓN: O alumno examinarase da parte que non supere na 1ª edición, as condicións e criterios serán os mesmos aos da primeira edición. Convocatoria de exames: as datas de exame serán as que figuren aprobadas e publicadas na web e taboleiros do Centro.
FIN DE CARREIRA: O alumnado poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira (previa matrícula específica para esta convocatoria) na que prevalecerán os mesmos criterios indicados para a 1ª e 2ª edición ordinaria. As probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de carreira”. Outros comentarios: As datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta materia, nas súas dúas edicións, serán as marcadas no calendario de exámenes aprobados no Centro. Ditas datas estarán dispoñibles para o alumnado tanto na páxina web da Escola coma no taboleiro de información para o alumnado no centro. A data/instrucións de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais.
|