Neste caso, o alumnado deberá realizar:
.- 1º o exame de preguntas obxectivas tipo test, cos mesmos criterios establecidos na modalidade presencial.
Esta parte correspóndese co 20% da puntuación total da parte de seminarios.
.- 2º: unha proba práctica na aula, en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Esta parte correspóndese co 20% da puntuación total da parte de seminarios. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5
ou máis puntos sobre 10.
Será imprescindible superar estas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios, así como a materia (tendo superada a parte teórica).
Ademais o alumnado, desta modalidade deberá facer o exame de resposta curta correspondente a parte
teórica da materia, cos mesmos criterios establecidos na modalidade presencial. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
2ª EDICIÓN ORDINARIA:
Establécense os mesmos criterios indicados para a 1ª edición ordinaria.
É preciso superar a parte teórica e a de seminarios, para poder superar a materia.
FIN DE CARREIRA:
Establécense os mesmos criterios indicados para a 1ª edición ordinaria.
É preciso superar a parte teórica e a de seminarios, para poder superar a materia
DATAS DE EXAMES:
As datas dos exames, das respectivas convocatorias, serán as que constan no calendario oficial académico e que estarán publicadas na páxina web da Escola, así como no taboleiro de anuncios para o alumnado no centro.