A opción de avaliación por defecto en esta asignatura será a avaliación continua. O alumnado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Para cada unha das probas avaliables, fará falta conseguir polo menos a metade da cualificación total da proba para aprobar. Avaliación continua: Para aprobar a materia mediante avaliación continua será obrigatorio asistir a polo menos a 21 horas das 25 presenciais correspondentes ás prácticas en aulas de informática (seminarios) e entregar todas as tarefas propostas para facer fóra da aula (tanto da parte teórica como da parte práctica). Tamén será obrigatorio: i) presentarse á proba escrita, ii) facer o traballo e a presentación do traballo Ademais o alumnado terá que alcanzar polo menos a metade da nota total en cada unha das tarefas que se cualifican. Avaliación global O exame consistirá nunha parte teórica e outra de seminarios, ademais dunha presentación de 10 minutos sobre un tema a acordar coa profesora. Segunda oportunidade: 100% exame (nota necesaria para aprobar a materia: 5 sobre 10). En caso de non asistir á proba, ou non aprobala, nas seguintes convocatorias a avaliación será do mesmo xeito que para o resto do alumnado. Convocatoria fin de carreira Quen opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, nas seguintes convocatorias a avaliación será do mesmo xeito que para o resto do alumnado. Datas de exames: O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames |