Código |
Descrición |
B2 |
Planificación, redacción, dirección e xestión de proxectos, cálculo e fabricación no ámbito da enxeñaría aeronáutica que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde CIN/308/2009, os vehículos aeroespaciais, os sistemas de propulsión aeroespacial, os materiais aeroespaciais, as infraestruturas aeroportuarias, as infraestruturas de aeronavegación e calquera sistema de xestión do espazo, do tráfico e do transporte aéreo. |
C8 |
Comprender os ciclos termodinámicos xeradores de potencia mecánica e pulo. |
C16 |
Coñecemento adecuado e aplicado á Enxeñaría de: Os conceptos e as leis que gobernan os procesos de transferencia de enerxía, o movemento dos fluídos, os mecanismos de transmisión de calor e o cambio de materia e o seu papel na análise dos principais sistemas de propulsión aeroespaciais. |
C19 |
Coñecemento aplicado de: a ciencia e tecnoloxía dos materiais; mecánica e termodinámica; mecánica de fluídos; aerodinámica e mecánica do voo; sistemas de navegación e circulación aérea; tecnoloxía aeroespacial; teoría de estruturas; transporte aéreo; economía e produción; proxectos; impacto ambiental. |
D1 |
Capacidade de análise, organización e planificación |
D3 |
Capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa |
D4 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma e xestión da información |
D5 |
Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións |
D6 |
Capacidade de comunicación interpersoal |
D8 |
Capacidade de razoamento crítico e autocrítico |