A materia ten como obxectivo principal proporcionar ao estudantado unha formación básica en materia económica e empresarial, que lle axude a coñecer e interpretar a realidade socioeconómica na que desenvolverá a súa actividade profesional no sector aeroespacial. Para iso, presentaranse e desenvolveranse diversos conceptos fundamentais da análise microeconómica e macroeconómica, da economía da empresa e, en particular, da xestión da innovación por parte das organizacións empresariais.