Aquel alumnado que non asista polo menos 4 SESIÓNS de docencia presencial deberá acollerse ao sistema de avaliación final. As condicións e probas que conforman a avaliación final estarán ao dispor do alumnado en MOOVI nun cartafol específico denominado "Avaliación para alumnado non asistente". O alumnado que por diversas circunstancias xustificadas documentalmente, non alcance a asistencia correspondente ás actividades de aula deberá realizar as seguintes actividades: Lectura e análise dos documentos propostos polas profesoras acerca da temática da materia. Poderá alcanzar até 3 puntos. Resolución das actividades desenvolvidas en clase. Poderá alcanzar até 3 puntos. Realización dun traballo conxunto da materia, titorizado, que proporán as profesoras da materia. Poderá alcanzar até 4 puntos. As actividades non superadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas. O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha/s proba/s de avaliación, ao redor dos contidos nucleares dá materia, coa data tope que marque o calendario do máster para os exames oficiais. Esta proba de avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado ao alumnado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente. O tipo de proba/s figura/n en Moovi, nas respectivas materias, nun cartafol baixo a denominación “Alumnado non asistente”, na que se presentarán os detalles das mesma/s, concretando tamén onde terá que realizar a entrega o estudiantado. As datas dos exames oficiais poden consultarse na web da Facultade de Educación e Traballo Social, na sección do mestrado. Tamén podedes consultar a memoria Verfica deste título na que atoparedes a ficha da vosa materia.http://educacion-ou.webs.wbr.vigo.é/seguimento/wbr.mdiversidade
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores en exercicio que acrediten un horario incompatible con las clases presenciales; en todo caso, garantizando a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para este alumnado.
|