Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Contextos Escolares
   Recomendacións


 
Outros comentarios
a. É altamente recomendable a asistencia regular ás sesións presenciais. Debido a como está organizada a materia é favorable para o alumnado optar por ser Asistente. b. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). c. É necesario consultar a aula virtual da materia ao menos unha vez por semana, así como ter activo o correo electrónico institucional da UVIGO e usalo para as comunicacións co profesorado. Co fin de asegurar a privacidade e garantir a identidade, non se atenderán mensaxes electrónicas enviadas dende contas alleas ás da UVIGO. En todo caso, as consultas faranse ao profesorado de modo presencial, ben en clase, ben presencial ou telefonicamente nas titorías, evitando abusar do e-mail. d. Os traballos deberán ser orixinais. A detección de plaxio ou copia de traballos suporá o suspenso na convocatoria correspondente. Agás na realización de traballos coordinados entre materias, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias a efectos de avaliación. e. Dentro da lóxica do camiño cara a sociedades máis inclusivas e igualitarias, e seguindo os principios de igualdade cos que está comprometida esta universidade, recoméndase facer uso da linguaxe inclusiva (especialmente no referido a colectivos vulnerables) e non sexista tanto nos traballos como nas producións orais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000