Esta materia pretende proporcionar, de forma xeral, unha aproximación psicosocial á violencia de xénero, abordando os determinantes epistemológicos, psicolóxicos, xurídicos e sociais desta problemática, así como as principais medidas de prevención, intervención e tratamento. De forma transversal, abórdanse os obxectivos de desenrolo social vencellados a Axenda 2030, concretamente o obxectivo 5 Igualdade de xénero e a meta 5.2 violencia de xénero, así como o obxectivo 3 Saúde e Benestar, Obxectivo 16 paz xustiza, coa pretensión de formar persoas e profesionais do Traballo Social competentes, que estean conectados e comprometidos coa sociedade actual. Introdúcese o debate para aportar unha perspectiva crítica na materia, de cara a potenciar unha maior responsabilidade social e sensibilidade a favor da inclusión social, en especial nos colectivos con diversidade social. Proporcionase unha aprendizaxe baseada na experiencia mediante a aplicación da metodoloxía de Aprendizaxe Baseado en Proxectos e da Aprendizaxe Servizo no ámbito Universitario, en colaboración con entidades e institucións externas (i.e., TRAMA Ourense). Realízanse prácticas e proxectos abertos, en base a respectar os diversos talentos e formas de aprender dos/as estudantes. Incorporase a cultura a través das asociacións culturáis que colaboran co APS, como un elemento dinamizador, que serve de apoio para o deseño de intervención interdisciplinares e que facilita a transformación da sociedade.