Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Xénero, violencia e intervención social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas sesións maxistrais exponse os contidos teóricos da materia. O profesorado proporcionará todo o material explicado na clase. Ao longo do proceso de instrución introdúcese metodoloxía que facilitan o desenrolo da metamemoria e metacoñecemento.
Seminario As títorías empréganse para levar a cabo o seguimento dos traballos de grupo, e poder avaliar as achegas de cada alumno/a.
Tamén se proporciona retroalimentación aos problemas plantexados e resolución que aporta cada estudante.
Traballo tutelado Os estudantes responden as diversas cuestións que miden o grao de comprensión dos contidos abordados nas sesións.

Para estudantes asistenciais
Os estudantes traballan por equipos, seguindo a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, e guiados por un plan de traballo, que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fases e actividades do traballo tutelado son catro: 1ºfase. Revisión bibliográfica; 2ºfase de deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade; 3ºfase. De verificación do produto; 4ºfase. De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo téñeno a disposición os/as estudantes na MOOVI.
O desenrolo de cada subproxecto, que desenvolve cada equipo de traballo, realizase en colaboración co Centro de Intervención Educativa de Medio Aberto de Ourense, que xestiona TRAMA e a Subdirección E.O.T. Centro Penitenciario de Pereiro Aguiar (Ourense). Durante a elaboración do traballo tutelado poderán levarse a cabo saídas de campo vencelladas as institucións colaboradoras.
O seguimento do traballo tutelado farase na aula, nas horas de prácticas dispostas para o caso, o feedback realizase de forma inmediata a cada equipo nos seminarios; e na fase inicial o docente elabora un informe coas recomendacións de mellora da calidade dos subproxectos, que estará dispoñible na MOOVI.
As entregas serán sucesivas e progresivas, efectúanse na MOOVI.
Os estudantes que participan desta modalidade adhírense ao Proxecto de Innovación Educativa da Facultade de Educación e do Traballo Social, que versa sobre a aprendizaxe en grupos cooperativos. Ademáis da Aprendizaxe Servizo e Aprendizaxe por proxectos.
Para os estudantes non asistentes
Elaboran un proxecto de forma individual, seguindo as mesmas fases que os estudantes asistenciais. No obstante, o proxecto e produto elaborado non se vencella ás institucións colaboradoras, nin tampouco ao traballo en equipo. As actividades e entregas vencellas ao proxecto seguen os mesmos prazos que os/as estudantes asistenciais. A exposición realizase o día do exame oficial da materia, ou ben o día de exposición dos proxectos dos/as estudantes asistenciais. A valoración do traballo require indefectiblemente cumprir coas entregas establecidas no plan de traballo e expoñer o proxecto realizado. Recoméndase pórse en contacto co/a docente para planificar o traballo tutelado, dende o inicio da materia.
Debate Propóñense prácticas libres, innovadoras e creativas, que evidencien un interese xenuíno por afondar na materia, e que posibiliten o pensamento crítico e unha maior comprensión dos contidos curriculares. Terase en conta todas as achegas que se fagan sobre os materiais científico-académicos ou de divulgación que estean relacionados coa materia. Ademais da participación en actividades científico-técnicas recomendadas, que contribuían a incrementar e mellorar o coñecemento sobre a materia. Así como os encontros con profesionais, que posibiliten vencellar o coñecemento teórico co práctico; ou ben saídas de campo.
A evidencia da súa realización depositarase en MOOVI, dentro do prazo establecido no plan de traballo da materia.
Os prazos de entrega e acreditación da realización das actividades vencelladas a sección do debate son as mesmas para os estudantes asistentes, como non asistentes.
Resolución de problemas de forma autónoma Aprendizaxe baseado en problemas. Patexase supostos prácticos vencellados a cada bloque temático da materia, os cales deben ser resoltos na aula de forma individual. Este exercicio de preparación progresiva serve de práctica de cara a resolución dun suposto práctico, que inclúe diversos coñecementos teórico-prácticos abordados ao longo da materia. Dito problema será resolto en grupo, e entregase na MOOVI.

Neste caso, tómase como apoio diversas fontes, capítulos de libro, artigos e material audiovisual que traten temas relacionados coa materia.
Aprendizaxe colaborativa Propóñense estratexias de colaboración que faciliten o traballo en equipo e a cohesión grupal, asumindo con responsabilidade e ética o compromiso co traballo común
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000