Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte dos profesores na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Estudo de casos Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema ou posicionamento e resolución ante o conflito.Profundarase nos modelos/estratexias de intervención e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnoses e adestramento en procedementos alternativos de solución.
Presentación Exposición por parte do alumnado diante do profesorado e o grupo de estudantes dun traballo sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos.
Aprendizaxe-servizo Partimos dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, polo cal o alumnado se organiza en Grupos de Traballo cunha axenda de actividades concretas. O contido do traballo será orientado polo profesorado a partir dunha rúbrica de coñecemento común; e tamén da creación dun "Cartafol" a modo de arquivo onde cada grupo irá entregando progresivamente os informes e resultados das súas actividades.
Cada Grupo de Traballo deberá designar un Coordinador/a elixido entre o alumnado.
Ademais se levará control de asistencia.
O servizo consistirá na oferta dunha programación de actividades e talleres prácticos dirixidos á alumnado de ensino medio, que implica a difusión e desenvolvemento de actividades interculturais que faciliten a colaboración, a comprensión da diversidade social e a formación na cultura da mediación para a resolución de conflitos individuais e grupais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000