Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Avaliación de programas sociais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, en traballo colaborativo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Estudo de casos O alumnado, de maneira individual ou en grupo, analiza un caso e éxito referido a un programa social, e o expón en clase mostrando a sú contribución teórica e práctica.
Aprendizaxe-servizo O alumnado porá en práctica o aprendido nas leccións teóricas sobre detección de necesidades, cunha mostra de poboación real. Crearase un sistema de recollida de información e analizaranse os datos.
O traballo tutelado baseado na evidencia científica, e contextualizado no APS “Educa na diversidade, transforma a sociedade”, responden a unha demanda que nos achega a entidade ou entidades colaboradoras para proporcionar un servizo ou produto (i.e., taller, material audiovisual, entre outros) ao colectivo con diversidade (i.e., social, académica, cultural), co que traballamos ao longo do cuadrimestre. Este traballo debe ser aplicado na poboación diana do APS e ademáis debe ser defendido na sesión que conclúe do APS.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000