Partimos da premisa de que o desenvolvemento integral da persona pasa por recoñecer a importancia e o valor da educación afectivo-sexual, que debe ser contemplada como un dereito do individuo de recibir unha educación integral, e dentro dun eixe coeducativo no que se prime o traballo de valores igualitarios de corresponsabilidade e respeto. Xa que a sexualidade, como dimensión fundamental dá persoa, discorre inseparable dá nosa realidade e identidade persoal, e o mesmo tempo dende a sua dimensión interpersoal-relacional permítenos aproximarnos conxuntamente a afectividade e a sua manifestación.