Diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas
Código
O05G130V01303
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
2
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Castro Pais, María Dolores
Correo-e
maria.dolores.castro.pais@uvigo.es
Profesorado
Castro Pais, María Dolores
Web
Descrición xeral
Diagnóstico e Análise de Necesidades Socioeducativas é unha materia que ten como obxectivo proporcionar os fundamentos conceptuais, procedementos metodolóxicos, técnicas e instrumentos do diagnóstico en educación social que lles permita desenvolver procesos de investigación sobre temas en situacións socioeducativas complexas que apoian, orientan e validan o desenvolvemento das accións socioeducativas.
A análise da realidade, variables, necesidades, recursos, procesos de interacción, contextos e a súa avaliación, considéranse elementos esenciais para o diagnóstico socioeducativo que os/as educadores sociais como paso previo á toma de decisións para a intervención socioeducativa en diversos contextos nos que poden desenvolver as súas actividades profesionais (educativas, familiares, laborais e sociocomunitarias).