Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Contan coa tutela do docente. Trátase de facer análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse no proceso. A proposta dos casos para traballar con eles está prevista na medida que se vaian expondo nas sesións maxistrais os contidos da materia 5 B2
B4
B5
C1
C2
C4
C5
D1
D2
D4
Traballo tutelado Traballos cuxo contido e prazo resulta dun acordo entre alumnado (normalmente en equipo) e profesor, que se realizan co asesoramento e apoio deste. Nesta materia consistirán na realización dun proxecto de análise de necesidades socioeducativas dunha persoa, grupo de persoas ou unha organización. Incluiranse aquí os traballos e proxectos ponderados formalmente cun 5% 40 B4
C1
C2
C4
C5
C12
D1
D4
D6
D16
D20
Presentación Exposición do traballo tutelado 5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba sobre conceptos e procedementos metodolóxicos que inclúe ítems de evocación, de recoñecemento, así como tamén problemas e exercicios prácticos sobre casos e situacións. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
C5
C6
D1
D4
D11
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios A segunda parte da proba escrita incluirá un ou varios
suposto/s práctico/s cuia finalidade será deseñar un proceso
diagnóstico. Para sumar é necesario unha cualificación mínima de 1,5
sobre 3 puntos nesta parte do exame.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
C2
C4
C5
C6
C12
D1
D2
D6
D8
D10
D19
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria ordinaria, para superar a materia, o alumno deberá acadar apuntuación mínima de 5 puntos totais, ter realizado todas as actividades a tempo e cumprir os seguintes requisitos:

Alumnado asistente : O itinerario ordinario, é dicir, a avaliación continua, é posible para aquel alumnado que teña, como mínimo, o 80% da asistencia e unha participación activa na aula. Neste caso, para sumar todas as puntuacións é imprescindible  acadar unha nota mínima na proba escrita (2,5 sobre 5) e no traballo tutelado(2 sobre 4). Se se alcanzan as puntuacións mínimas requiridas, a puntuación global de 10 puntos será a suma das notas parciais.

A proba escrita está composta por dúas partes. A primeira parte (20%)corresponde ao desenvolvemento de preguntas de comprensión e a relación entre conceptos da materia, e a segunda parte (30%) á aplicación e transferencia teórico-práctica dos distintos contidos. Para sumar ambas partes é necesarioacadar unha puntuación mínima do 50% en cada unha das partes: 1 punto de 2 na primeira parte e 1,5 de 3 na segunda parte.

Alumnado non asistente: O itinerario alternativo é para aquelas persoas que, por razóns debidamente xustificadas, teñen máis dun 20% de ausencias á clase ou que, aínda cunha porcentaxe de ausencias inferior, non entregasen en tempo e forman os traballos que permiten avaliar a consecución das competencias da materia. O estudantado que se atope nesta situación será cualificado coa nota da proba escrita, o estudo de caso e o traballo supervisado. O exame será o mesmo e nas mesmas condicións que os asistentes. Os traballos deberán realizarse individualmente e a entrega dos mesmos será o día oficial da proba de exame. A cualificación dos traballos realizarase con idénticos criterios aos empregados cos alumnos asistentes.

En caso de non ter superada a materia, as competencias non adquiridas avaliaranse na convocatoria de xullo. Aquel estudantado (asistentes ou non) quesuspenda, non alcance o mínimo esixido ou non teña puntuación, terá unhaconvocatoria extraordinaria na que poderá recuperar as seccións pendentes(proba escrita e/ou traballo) baixo a mesma cualificación condicións e a mesmaproporcionalidade que na convocatoria ordinaria.

As partes da materia superadas na 1º oportunidade non serán obxecto deavaliación na 2º, considerándose, polo tanto,como aprobadas nese curso académico.

Os materiais obrigatorios para preparar a materia, especialmente a proba escrita, son os documentos correspondentes a cada tema xunto coa aprendizaxe das sesións teórico-prácticas.

A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para outras materias e se este non cumple os aspectos formais esixidos (en especial,citación incorrecta de autorías ou plaxio) será rechazado.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Ciencias da Educación, no espazo "datas": http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000