Traballo grupal enfocado á adquisición de coñecementos sobre unha temática concreta. Utilizaráse unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa que comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa propia aprendizaxe.
Presentación
Exposición por parte do alumnado ante o docente e o grupo de estudantes o traballo tutelado.
Lección maxistral
Exposición dos temas teóricos da materia nas horas de Gran Grupo. Tamén se intercalará a exposición con preguntas ou tarefas dirixidas ao alumnado para comprobar a súa comprensión.