Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Filosofía: Filosofía social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación xeral da materia, funcionamento, reparto de tarefas, metodoloxía e avaliación
Lección maxistral Exposición teórica dos contidos da materia.
Traballo tutelado Realización dun traballo de introdución á investigación relacionado coa temática da materia.
Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre os resultados dun traballo, exercicio ou proxecto.
Seminario O estudantado traballa por equipos, guiados por un plan de traballo, na elaboración dun taller filosófico, dentro do marco "Talleres de Filosofía Aplicada en Contextos Penitenciarios e Centros de Menores". Os grupos presentarán os seus talleres e compartirán os mesmos dentro da proposta de Aprendizaxe Servizo (APS) “Educar na diversidade, transformar a sociedade”.
Aprendizaxe-servizo Dentro do APS "Educar na diversidade, transformar a sociedade", formularase o proxecto "Talleres de Filosofía aplicada en contextos penitenciarios e centros de menores".
O alumnado asistente participará, de forma activa e responsable, nas actividades asociadas ao proxecto, a saber: 1) colaborar con entidades externas e institucións; 2) realizar saídas de campo.
O alumnado non asistente realiza o taller de xeito individual, sen seguir a metodoloxía de APS e aprendizaxe cooperativa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000