A avaliación que se propon é unha avaliación multicriterio, é decir, unha avaliación que admite propostas de valoración en todas as actividades que leven a cabo (coñecementos teóricos, prácticos, traballos, exame, …) permitindo unha avaliación que supoña unha valoración integral do alumno/a.
Criterios para superar a materia:
a) Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente aquel que asiste con regularidade ás clases (minimo un 80%). Este deberá participar nas modalidades indicadas no apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia obter en cada unha delas como mínimo a metade da puntuación.
b) Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases (falta máis dun 20%). Éste deberá realizar un exame no que entran todos os contidos da materia, este valoraras ata un máximo de 4 puntos, deberá para aprobar obter nesta probra unha nota mínima de 2 puntos. Ademáis deberá realizar un traballo tutelado que terá tamén unha valoración de ata 4 puntos, neste deberá obter tamén un mínimo de 2 puntos para poder aprobar. Elaboración dun tema que lle indique o profesor, terá unha valoración de 2 puntos. Será condición indispensable para superar a materia, obter en cada un dos apartados como mínimo a metade da puntuación.
Segunda convocatoria: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. De non superar esta última convocatoria non se gardarán as puntuacións obtidas. Responde ás mesmas esixencias e probas realizadas na primeira convocatoria.
Datas exames: consultar a web da facultade no menú, no espazo 'Datas exames'.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |